miércoles, 17 de junio de 2015

Concertos GRIPO GRIPO

Temos preparadas dúas actuacións deluxe para os días do GRIPO GRIPO (lembrade que a entrada é de balde):

- Venres 26 ás 21.00: LOBISHOME
Este vai ser o adeus ó Liceo dunha das bandas que máis pelou o cú no seu chan. Lobishome, uns clásicos entre os clásicos do garage-punk galego, xa non se aturan uns ós outros, polo que organizaron unha derradeira serie de concertos que arrinca no Liceo e que, con sorte, acabará a hostias entre eles con nós de espectadores. A verdade é que se nos fai raro pensar que xa non voltarán, pero, sexa como sexa, xa forman parte da historia do Liceo e de aí non os vai mover nin Dios bendito.

https://lobishome.bandcamp.com/




- Sábado 27 ás 21.00: JUVENTUD JUCHÉ
A ver... isto é un pepinazo que flipas!! Unha das bandas máis molonas e máis en forma de toda a península vai estar no GRIPO GRIPO, aí de risas!! Que vos podemos dicir de Juventud Juché? Pois que ides bailar coma se non houbera día seguinte, que teñen un batería que fai os polirritmos máis chanados da Europa mediterránea, que teñen un baixista que parace que toca culebras en vez de cordas, que teñen un cantante que berra coma un curricho o día da matanza e que ten a guitarra afiada coma unha machada das de cortar alcolitos. A súa última visita ó Liceo fora noutro histórico día: cando acompañaran a Fantasmage no que finalmente resultou ser o seu derradeiro concerto. Isto é un luxo que non o credes, coleguis!




No hay comentarios:

Publicar un comentario